Os obxectivos da Asociación Amig@s do Morrazo Verde son os seguintes:

– Identificar e divulgar os valores biolóxicos, xeolóxicos e paisaxísticos dos Espacios Naturais da “Rede Natura 2000” na península do Morrazo e de Galicia.

-Traballar cos concellos da península do Morrazo e outros organismos públicos para coidar e manter os Espacios Naturais.

-Contactar con organizacións que estean interesadas na conservación dos Espacios Naturais.

-Contactar con asociacións veciñais e comunais para asesorar, informar, apoiar e traballar en temas de protección e melloras medioambientais.

-Formar unha rede de centros educativos interesados na conservación do medioambiente.

-Traballar para protexer as zonas verdes da urbanización incontrolada.

Para levar a cabo estes fins, a Asociación organizará as seguintes actividades:

  1. Elaboración de materiais de divulgación.
  2. Rutas e excursións nos Espacios Naturais.
  3. Vixiar e denunciar as infraccións en Espacios Naturais.
  4. Talleres sobre plantas medicinais, flora, fauna, comportamento ambientalmente adecuado.
  5. Charlas, conferencia e exposicións.

Hosting por dinahosting