Actividades nas praias – Verán 2008

Obxectivos das actividades nas praias:

  • Achegar á xente os problemas que hai no noso entorno.
  • Sensibilizar ás persoas das consecuencias dos nosos hábitos diarios sobre o medioambiente.
  • Fomentar o sentimento crítico e participativo.
  • Dar a coñecer a fauna e flora das nosas praias.
  • Invitar a persoas de todas a as idades a respectar o seu entorno.

DATAS

Praia de Nerga: 5 de Xullo e 2 de Agosto
Praia de Menduiña: 12 de Xullo e 9 de Agosto
Praia de Liméns: 19 de Xullo e 16 de Agosto
Praia de Areabrava: 26 de Xullo e 23 de Agosto
Praia de Rodeira: 30 de Agosto. Remate( festiña ecolóxica)

ACTIVIDADE PRINCIPAL NAS PRAIAS DE CANGAS

Benvida

Quen somos. Por qué estamos aquí.

Charla: información do entorno, especialmente: flora, fauna e algas. Mostras de fichas. Explicación de comportamentos sostibles.

Traballos en grupos: busca de exemplos de flora, fauna e algas para a súa identificación. Exame, comentario, anotación de nomes e debuxos nos blocks de notas.

Presentación: os grupos amosan os seus debuxos realizados e falan sobre os seus novos coñecementos.

No seguinte enlace temos un póster como síntese do traballo realizado nas praias.

Panel Bandera Azul

 

Hosting por dinahosting