Actividade – Recoñecendo as plantas 

Esta actividade realizouse cos grupos de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria.

Obxectivos:

  • Dar a coñecer, recuperar e por en valor o coñecemento das nosas plantas, os seus usos populares e remedios tradicionais.
  • Manter viva a herdanza dos nosos antepasados e antepasadas.
  • Espertar conciencia e admiración pola marabilla da natureza que se expresa a través das plantas.
  • Fomentar actividades creativas a través da arte e ofrecer experiencias artísticas saudables con propostas de arteterapia.
  • Motivar a participación activa dos nenos e nenas nas actividades propostas e a súa expresión verbal e artística.
  • Educar na orde e limpeza do seu espazo e aula.

(Fotos das actividades publicadas coa autorización do centro escolar)