Actividade 1 – Diario dunha árbore

Avtividade feita co alumnado de 5º Primaria

Obxectivos:

  • Dar a coñecer as árbores e o seu entorno, fauna e flora do monte galego.
  • Crear un hábito de sendeirismo, observación e meditación da natureza.
  • Espertar conciencia, admiración, respecto e coidado pola natureza.
  • Educar en coidados medioambientais e reciclaxe.
  • Fomentar actividades creativas a través da arte e ofrecer experiencias artísticas saudables a través da arteterapia.
  • Motivar a participación activa dos nenos e nenas nas actividades propostas e a súa expresión verbal, escrita e artística.
  • Potenciar o desenvolvemento da súa creatividade.
  • Educar na orde e limpeza do seu espazo e aula.

(Fotos das actividades publicadas coa autorización do centro escolar)

Actividade 2 – A praia: Un ecosistema  

Actividade feita co alumnado de 3º Primaria

Obxectivos:

  • Concienciar sobre o uso responsable das praias
  • Fomentar o sentimento crítico e participativo
  • Coñecer a fauna e flora das praias
  • Reflexionar sobre de qué xeito podemos respetar o ecosistema

(Fotos das actividades publicadas coa autorización do centro escolar)

Actividade 3 – A auga do mar

Actividade feita co alumnado de 4º Primaria

Obxectivos:

  •  Coñecer as principais características da auga do mar.
  • Saber por qué fenómenos pode variar e por qué e preciso que teña unha boa calidade (bandeiras azuis).
  • Resaltar a importancia da auga do mar como hábitat, medio de traballo, lugar de ocio, fonte de recursos, etc.
  • Fomentar a creatividade no alumnado a través dos exercicios propostos.

(Fotos das actividades publicadas coa autorización do centro escolar)