Para nen@s de 3-11 anos aproximadamente.

OBXECTIVO:

-Coidar os nen@s mentres que os pais/nais están visitando a feira.

-Educación medioambiental a través da realización de actividades plásticas

-Promoción de actitudes e comportamentos sostibles en relación á natureza, e especialmente aos lugares protexidos na Rede Natura 2000 na península do Morrazo.

-Promoción de actitudes positivas e de pensamento creativo.

-Motivar a nen@s a sentirse orgullos@s de coidar o noso entorno.

COMO:

-Facer murais usando cartón reciclada sobre paisaxes da costa, do bosque e do monte.

– Pintar e debuxar os animais, as aves, as plantas, as algas, os árbores, as cunchas, os insectos que viven no noso entorno.

– Cortar e pegar estes debuxos de esta flora e fauna enriba dos fondos dos murais.

– Comentar sobre comportamentos sostibles nestes lugares.

– Xogos varios incluído mimo de animais e aves………

– Debuxar, pintar e cortar follas de tres especies de árbores autóctonos ( Castiñeiro, Carballo e Acevo) e pegalos enriba dos patróns feitos de cartón reciclado.

Conto comunal: “Érase unha vez un planeta chamado “Terra”……..

Hosting por dinahosting